12.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

En Marea pide que se faga cumprir a concesión a Ferroatlántica

Luís Villares: «Ferroatlántica é unha empresa viable e a factoría de Cee especialmente polo que non podemos permitir a perda dun so posto de traballo”.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo un encontro no salón de plenos do concello de Cee con representantes do Comité de empresa de Ferroatlántica. Estivo acompañado polo vicevoceiro Antón Sánchez e polo deputado Pancho Casal.

Villares salientou a necesidade de contar cunha regulación do sector electrointensivo, para evitar a competencia desleal non só a nivel de España senón de toda a Unión Europea.

Paralización de dous fornos en Cee

Tamén demandou á Xunta de Galicia que faga cumprir a concesión das eléctricas vinculadas ao futuro industrial da comarca algo que asegurou non está a suceder. «No caso de que a paralización dos dous fornos se fixera indefinida faría inviable a factoría de Ferroatlántica en Cee o que supón un incumprimento da concesión» asegurou Villares.

Luís Villares tamén emprazou ao Conselleiro de Economía, Francisco Conde, a recibir aos traballadores, que teñen solicitado unha entrevista. Ademais comprometeuse a levar ao Parlamento de Galicia as peticións dos traballadores.

«Ferroatlántica é unha empresa viable e a factoría de Cee especialmente polo que non podemos permitir a perda dun so posto de traballo. A paralización da actividade de dous fornos está deixando na casa a día de hoxe a 60 persoas. Aínda que non exista un ERE formulado legalmente existe xa que se está a realizar mediante rotacións de persoal e non cobertura de baixas» manifestou o voceiro de En Marea. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos