6.4 C
Santa Comba
martes, noviembre 29, 2022

Diego Calvo:“Sánchez dalle os cartos da comarca de Bergantiños aos separatistas para poder seguir na Moncloa”

O presidente do PP provincial asegura que  Evencio Ferrero, non ten nos seus plans terminar a próxima lexislatura.

O presidente provincial do Partido Popular mantivo hoxe unha reunión de traballo cos candidatos dos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica, A Laracha e Ponteceso coa mente posta nas eleccións municipais.

Diego Calvo aproveitou a súa visita a Carballo para acusar ao goberno central de deixar sen partidas nos Orzamentos Xerais do Estado aos veciños da comarca de Bergantiños por culpa dos “favores que o PSOE ten que pagar para tentar que Pedro Sánchez poida seguir paseándose no Falcon como presidente do goberno”.

Pedro Sánchez, refén dos independentistas

Calvo incidiu en que nas eleccións municipais que se celebrarán en maio está en xogo que os concellos coruñeses teñan gobernos como o da Xunta, avalados, dixo, pola súa xestión e a súa seriedade, ou “experimentos” como o de Pedro Sánchez, “refén dos independentistas cataláns e vascos”, á fronte do goberno central, ou os das Mareas de Podemos, “incapaces de xestionar, paralizados e máis preocupados das súas leas internas que de solucionar os problemas dos veciños”.

“Temos un presidente do Goberno ao que non lle importa vender os valores que defendemos a maioría dos españois con tal de poder seguir un día máis subido ao Falcon”, censurou o popular, quen acusou aos socialistas de “esquecer e marxinar” á provincia da Coruña nos últimos orzamentos

Diego Calvo volveu a criticar ao BNG «máis preocupado», asegurou, de cerrar as listas que van compartir cos independentistas vascos e cataláns nos comicios europeos, e atacou ás «Mareas de Podemos» das que dixo que “cada vez é máis complicado saber onde están, quen son e que defende” debido á “loita de egos” que existe na formación.

Calvo insiste que Evencio Ferrero no rematará a lexislatura

Sobre o BNG, o líder dos populares na provincia volveu insistir no feito de que o candidato do BNG, Evencio Ferrero, «non ten nos seus plans terminar a próxima lexislatura». Un feito que Calvo cualificou de “fundamental” á hora de que os veciños voten “porque poderían quedar cun rexedor que eles non escolleron” e, engadiu, porque “falamos dunha persoa que sabe que xa non ten máis nada que achegar a Carballo e por iso quere irse. No PP temos candidatos que se presentan para quedarse, non para marcharse”.

“Nesta comarca sabemos a diferenza que existe entre ter un municipio gobernado polo Partido Popular como son Malpica, Cabana e A Laracha e un municipio no que gobernan outras formacións”, indicou Calvo, quen non dubidou en defender que, nos primeiros, a xente sabe o que pode esperar do seu alcalde, mentres que, no resto, é todo “improvisación, mala xestión e enfrontamentos internos”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos