13.3 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

A Xunta incrementou en máis dun 20% as horas do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Santa Comba

Acordo para continuar cos programas de prevención do deterioro cognitivo e o servizo de atención temperá.

A consellería de Política Social aumentou en máis dun 20%, as horas do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Santa Comba ata chegar a un total de 34.000 horas anuais.

Segundo indica a Xunta nun comunicado “o incremento desta prestación permitirá seguir a ampliar o número de persoas beneficiarias pola mesma e superar o 90% de ratio de cobertura que rexistra na actualidade esta vila”.

Esta foi unha das cuestión abordadas nun encontro recente entre a conselleira, Fabiola García, e a alcaldesa xalleira, María Pose. A xuntanza tamén contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín.

Colaboración entre Xunta e concello de Santa Comba

Tamén se falou “da colaboración aberta o exercicio pasado para a realización de accións dirixidas a previr o deterioro cognitivo deste colectivo”. Fabiola García e María Pose trataron sobre a posibilidade de renovar esta iniciativa “e tamén a achega económica que recibiu o cocello en 2018 para a prestación de servizos de atención temperá”.

Segundo a Xunta “Fabiola García e a rexedora de Santa Comba acordaron continuar con esta liña de colaboración e diálogo institucional na procura de que os veciños e veciñas deste municipio coruñés teñan á súa disposición uns servizos e recursos sociais próximos e de calidade”.
 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos