7.3 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Silvia Cancela intégrase no Partido Popular de Santa Comba

A concelleira de Deportes do concello de Santa Comba, Silvia Cancela Blanco decidiu afiliarse ao Partido Popular e integrarse na xunta local xalleira. 

Silvia Cancela asegura que coincide coas coordenadas ideolóxicas do partido, pero que o principal motivo que a levou a levou a adoptar esta decisión é a “estupenda sintonía que teño con María Pose e o proxecto que a alcaldesa ten para Santa Comba”.

Cancela destaca o “carácter receptivo” de Pose e tamén a confianza e a liberdade que meu dou para traballar polo deporte de Santa Comba nestes anos no goberno”.

Valoracións de María Pose

Pola súa parte, María Pose, celebra a postura da concelleira asegurando que “adaptouse perfectamente a nos a liña de traballo desde o primeiro día e polo tanto é un orgullo contar no Partido Popular de Santa Comba cunha persoa con tanta vontade e capacidade de traballo como ten Silvia”.

Pose Rodríguez non dubida en afirmar que “con persoas comprometidas e con ideas como Silvia Cancela o futuro de Santa Comba é máis prometedor”, recalcando que “sempre dixemos que somos un partido aberto e estamos encantados de contar con novas persoas que teñen moito que aportar”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos