Declaracións de Emilio Novo a Adiante Galicia
O concelleiro non adscrito, Emilio Fondo, atendeu a chamada da redacción de Adiante Galicia e confirmou a súa renuncia a continuar no goberno aínda que seguirá como concelleiro na corporación local de Coristanco.
Nega que houbera desavenencias recentes.”Non estaba ao cen por cen. Cando unha persoa non está a gusto é mellor deixalo. A cousa vén de atrás, fun aguantando pero agora canseime” declarou Fondo Novo.
“A cousa non foi ben” despois da moción de censura
En declaracións a Adiante, tamén asegura que “eu non era partidario da moción de censura” pero que a partir do cambio de goberno “a cousa non foi ben, faláronse unha cousas e despois foron outras”.
Non quere personalizar en persoas nin en feitos concretos e insiste en que non estaba “cómodo” e optou por marchar. Continuará na corporación ata fin da lexislatura e despois “deixarei a política”.
Emilio Fondo desexou que despois das eleccións de Coristanco “haxa unha maioría” e estabilidade no concello:” A ver se en Coristanco somos capaces de ter un alcalde que goberne só e que non haxa tres”.