11.7 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

Promoven unha candidatura independente no concello de Santa Comba

Con toda a probabilidade recuperarán as siglas de Terras de Xallas.

@xmlema // Un grupo de veciños pretenden constituír “unha candidatura independente moi ampla” para as eleccións municipais do vindeiro mes de maio no concello de Santa Comba.

Xuntanzas en Fontecada e A Pereira

Segundo puido saber Adiante Galicia, a idea é concorrer aos comicios coas siglas de Terras de Xallas, formación que se presentou en dúas ocasións. A través das redes sociais comezaron a presentar distintas propostas para un posible programa que agora será debatido nas xuntanzas parroquias que se celebrarán o vindeiro domingo 13 de xaneiro nos locais sociais de San Martiño(Fontecada), ás 12,30h e da Pereira(19,30h).

Democracia directa e transparencia

Un dos promotores cos que contactou este medio, Francisco Iglesias Agra, comentou que establecen “propostas asumibles case por calquera organización política” que teñen por obxectivo traballar por Santa Comba.”Non é nada particular de agora, estamos coma sempre. Queremos cambiar as maneiras e o xeito de tratar os temas que son dos veciños” afirma.

Apostan pola chamada “democracia directa”, que conceda a voz ao pobo a través de xuntas veciñais, e fomente a transparencia.”Temos vontade de facer cousas e dar explicacións, cun cambio de actitude moi grande”.

Unha candidatura aberta para Santa Comba

Desde este colectivo, formado por membros de distintas formación políticas ou incluso sen militancia, sinalan que contactaron con membros de En Marea, Esquerda Unida, BNG, Partido da Terra, PSOE ou Compromiso por Galicia porque nesta proposta veciñal “pode entrar calquera para traballar”.

De momento, queren falar do programa electoral nas distintas convocatorias parroquiais. Despois será o momento de falar dos nomes dunha candidatura que agardan poder conformar.

Contan cun grupo no Facebook

Foto Portada- Bandeira sueva que aparece no grupo de Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
968SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos