10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Evencio Ferrero responde ao PP:»Os meus pasos son lentos e que non se fagan falsas expectativas”

A alianza do BNG con Bildu e Esquerra Republicana e a suposta retirada de Evencio Ferrero son as dúas armas empregadas polo Partido Popular nesta precampaña.

No acto de presentación celebrado no Fórum Carballo, Ferrero respondeu aos ataques populares:“Chegan a afirmar que estou de paso en política, precisamente eu, de paso? Pois nada máis que engadir aparte de avisarlles que os meus pasos son lentos e que non se fagan falsas expectativas”.

O alcalde de Carballo afirmou que “non hai recompensa maior que representar a todo un pobo e Carballo ten hoxe unha excelente representación no Goberno municipal”. Confirmou o seu compromiso co concello:“É preciso seguir alimentando o orgullo de pertencer a este pobo que tanto queremos, que tanto nos dá e ao que tanto nos queda por darlle”.

Ferrero Rodríguez amosoume moi crítico coa Xunta de Galicia que “non investiu un euro na ampliación da rede de saneamento, nin no ciclo integral da auga, nin na escola infantil, nin mantiveron as consignacións orzamentarias previstas”.

No seu discurso, Evencio Ferrero dixo que “Carballo somos todos e todas, é prioritario seguir dotándonos de boas infraestruturas e modernos servizos nas parroquias, seguir dinamizando e humanizando a vila como centro de referencia comercial,  de ocio, de servizos, cultural deportivo e formativo de toda a Costa da Morte. Con ese obxectivo renovo o meu compromiso con Carballo”.

Apoio de Ana Pontón

A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, tamén participou neste acto  e asegurou que Evencio Ferrero “é a garantía para que Carballo siga avanzando e non se paren os grandes logros conseguidos por Evencio e toda a súa equipa”.

Tamén se referiu á presenza de Núñez Feijóo na capital de Bergantiños:“O presidente da Xunta estivo en Carballo para botar sapos e serpes contra o BNG e permitídeme que lle responda.Votar BNG é votar para que Carballo siga avanzando e serve para defender os intereses de Galiza en Madrid e en Europa. Por contra, Feixóo leva dez anos pasando olimpicamente de Carballo e ten a desvergoña de vir aquí a difamar e a mentir”.

Segundo Pontón Mondelo, o presidente da Xunta debería  explicar os seus incumprimentos, “porque onte mesmo no Parlamento o PP votou en contra da ampliación do polígono de Bértoa e mantén a peaxe na AG-55. A diferenza é que Ferrero e o BNG traballan arreo para que Carballo avance e o PP pon paus nas rodas dese avance”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos