7.4 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Actividades de Nadal no Concello de Mazaricos

O concello de Mazaricos xa está metido de cheo no seu programa de Nadal. Despois da posta en marcha do curso de cociña “Mazachef”, edición nadal,do curso de defensa persoal para mulleres e da celebración do Festival da Escola de Música, chegan máis actividades.

Este xoves 20 de decembro terá lugar a inauguración dun Belén Xigante(10,30h). Este vindeiro sábado, haberá un concerto da artista Tania Fuegho na Casa da Cultura(22h). E o domingo, María del Carmen Rey Núñez presentará a súa novela “Mulleres” acompañada polo alcalde Juan Blanco e por Patricia Torrado, da editorial Toxosoutos.Será as 17h na Casa da Cultura da Picota. Actuará José Novo.

Entre o 26 e o 28 de decembro desenvolveranse obradoiros matinais e sesión de cine polas tardes na Casa da Cultura. No mesmo recinto o día 30 haberá un Baile para Maiores(20,30h).O último día do ano o concello organizará a III Carreira do Leite e o IV Brinde Leiteiro(16h).

E o sábado 5 de xaneiro, está previsto un concerto de Reis e unha chocolatada en San Cosme de Antes(11h) e a Cabalgata de Reis con tractores a partir das 16h.

Pero tamén haberá varias campañas.O alcalde, Juan José Blanco Riveiro quixo salientar que se “levarán a cabo tres campañas, unha de fomento do comercio local, co sorteo de vales de 50€, outra do turismo, na que o premio será unha fin de semana de turismo no Concello e unha terceira na que as nenas e nenos escribirán os seus desexos para o concello”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos