6 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Reunión da alcaldesa de Santa Comba co equipo directivo dos obradoiros de emprego

A alcadesa do Concello de Santa Comba reuniuse co equipo directivo dos tres obradoiros de emprego nos que participa o Concello para coordinar as actuacións a levar a cabo polos mesmos. 

A directora do Obradoiro Xallas-Barcala-Dubra IV, Susana Manteca, acompañada polo docente da especialidade de operacións auxiliares de revestimento e polo responsable de obras visitaron o Centro de Formación Escola Obradoiro onde se van a concentrar os traballos desta especialidade así como os da especialidade de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

Neste centro, actualmente teñen a súa sede o Obradoiro de Emprego Conecta2018, do que forman parte os concellos de Mazaricos e Dumbría, e o Obradoiro Xuvenil Xallas-Barcala-Dubra V dos concellos de Santa Comba, Negreira, Val do Dubra e a Baña e nel están situadas as aulas de electricidade e de actividades forestais. 

Despois, xa na Casa do Pozo, a alcaldesa incidiu na importancia de continuar co traballo de promoción turística no Concello de Santa Comba propoñendo varias ideas para acadar un maior desenvolvemento turístico do mesmo. 

Nestes tres obradoiros fórmanse un total de 56 alumnos e alumnas en 5 especialidades formativas co obxectivo final de acadar a súa posterior inserción no mercado laboral. 

Fonte- Nota de prensa Obradoiro Conecta

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos