12.6 C
Santa Comba
domingo, abril 2, 2023

“De nada vale devolver as troitas ao río cando a calidade da auga é mala”

Pesca fluvial-Opinión do presidente da asociación Río e Mar.

O presidente da asociación de pesca “Río e Mar” de Baio, considera que a redución de cupos de captura de salmónidos e o aumento de treitos de pesca sen morte que se plantexaron na última xuntanza do comité galego de pesca “son dúas medidas axeitadas cando a calidade da auga é boa”.

Xestión da auga nos ríos

Neste senso, David Gómez, considera que “o primeiro é xestionar a auga” xa que “de nada vale devolver as troitas ao río cando a calidade da auga é mala”.Outro aspecto importante é a limpeza das contornas fluviais e da maleza que se acumula.

CONTAMINACIÓN ORGÁNICA E ESPECIES INVASORAS

Gómez Brandariz considera que a calidade dos ríos de Galicia non é a peor do conxunto do estado e está afectada básicamente pola contaminación orgánica. Outro problema que se debe de tratar, para Gómez, é o da presencia do visión americano ou dos cormoráns.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,841SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos