13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Compromiso recolle un milleiro de sinaturas para pedir un Centro de Día para Santa Comba

VÍDEO NO INTERIOR//David Barbeira convida a PP, Terra Galega e PSOE a apoiar esta petición para trasladar á Xunta de Galicia.

O candidato á alcaldía de Santa Comba por Compromiso por Galicia, David Barbeira, informou que despois de visitar varias parroquias xalleiras, xuntaron un milleiro de sinaturas de veciños que apoian a petición dun Centro de Día público “con opción de residencia e de cortas estancias”.

Barbeira García asegura sentirse “orgulloso” co traballo que se está a realizar “indo por casa para informar ós veciños e recoller firmas de apoio”, pero tamén coa resposta popular que se está conseguindo.

O líder local de Compromiso anuncia que “loitaremos e solicitaremos” o Centro de Día de Santa Comba diante da Xunta de Galicia, e aínda que son conscientes de que non é unha competencia local si queren que tanto goberno como oposición apoien esta esta petición xa que “si todos nos xuntamos, poderemos conseguir que o centro de día sexa unha realidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos