16.5 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Cundíns Sheira Megasire acadou os 3.250 euros na Poxa de Mazaricos

Fotos- Xoán Ramón Alvite

O recinto polivalente da Picota acolleu o evento que pechaba a Semana Gandeira de Mazaricos. A XII Poxa de xovencas de raza frisona organizada polo concello de Mazaricos, Africor Coruña e Gandeiros de Mazaricos.

Segundo fontes municipais, unhas tres mil persoas achegábanse a un evento, que contou coa participación de vinte xovencas de alta xenética. «Cundíns Sheira Megasire«,unha frisona da gandería Cunordam de Zas acadou os 3.250 euros despois dunha animada poxa que arrancou nos 2.100 euros. Foi comprada pola SAT Busto Corzón de Mazaricos. Tres mil euros pagou a gandería Rubio SC de Santa Comba por unha vaca da SAT A Campa de Curtis.

Con todo, ningún dos exemplares baixou dos 1800€ e só 3 foron mercados por menos de 2000€. O montate total da venda foi de 43.300€.

Actividades para todas as idades

O recinto polivalente tamén se encheu o sábado. As nenas e nenos elaboraron un graffiti e unha maqueta da vila. Tamén foi un éxito a instalación dun touro mecánico que tivo cola ata última hora da tarde. A asociación Eu Son Mazaricos entregou os seus premios do concurso de fotografía e deu a merendola ás persoas asistentes.

As xornadas técnicas do sábado abordaron o benestar animal coa intervención de Juan Manuel García Castro, un dos veterinarios locais. Por outra banda, Javier López, responsable para España e Portugal da firma Kemin que tratou como procesar ben o millo. Pedro Sedano de Qualivet explicou aos presentes como manter o remolque mezclador do alimento das vacas. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos