12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Satisfacción en Mazaricos pola aprobación de dúas sendas peonís no concello

Juan Blanco:”Foron tres anos de esforzo que ao final deron os seus froitos”

O pleno da Deputación aprobou hoxe un investimento duns 450.000 euros para a execución dos proxectos de sendas peonís entre Insua e A Picota e desde Sanfoga a Ponteolveira.

O alcalde Juan Blanco non ocultaba a súa satisfacción porque se concretaran estas importantes actuacións e afirmou que “foron tres anos de esforzo que ao final deron os seus froitos”.

O rexedor tivo palabras de agradecemento para José Manuel Pequeño Castro(PSOE), deputado de Vías e Obras e para a deputada Ánxela Franco(BNG) “que traballou man a man co concello para conseguir este proxecto”.

Nota do PSOE de Mazaricos

Tamén valorou este investimento o portavoz do PSOE local, Francisco Javier González Trillo que asegurou que estas infraestruturas débense “ás conversas impulsadas desde o PSdeG de Mazaricos” e os empresarios locais “xa co anterior presidente Fernández Moreda” e que tiveron continuidade nesta lexislatura.

Nun comunicado de prensa, González Trillo criticou ao alcalde que “súbese ao carro cando se decata a través da información que lle proporciona o ente provincial”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos