9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Abraham Gerpe destaca a concesión de licencias, os arranxos nas parroquias e as actividades culturais

VIDEO Adiante TV// O alcalde de Coristanco destaca as melloras que se están acometendo nas infraestruturas municipais e as actividades do departamento de Cultura.

Aínda que as cousas “non van tan rápido como desexamos”, o alcalde de Coristanco, Abraham Gerpe, está contento polo “gran esforzo urbanístico” que se está realizando coa concesión de 42 licencias de obra maior:”Levamos recuperado nestes nove meses de mandato practicamente seis anos de licencias” asegura o mandatario.

Gerpe Muñiz lembra que “temos unha minoría que nos está permitindo gobernar con moitas dificultades”. En declaracións a Adiante Galicia anuncia que está rematando o proceso de licitación dun bloque obras por importe de 170.000 euros, e xestionando máis dun millón de euros en actuacións pendentes.

Mentres tanto, a concellería que coordina Luis Souto, está centrada en arranxos nas infraestruturas do municipio “e facendo un gran traballo cos poucos medios que temos” para tentar dar solución “o abandono da última década”. O rexedor ten claro que “mellorar un concello non é cousa dun ano”.

Abraham Gerpe tamén salientou as actividades “con gran difusión” que se están organizando desde a concellería de cultura que dirixe Clarisa Couto, baixo a supervisión do propio mandatario, quen non oculta a súa satisfacción porque “o proceso administrativo empeza a engranarse”·

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos