5.3 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

A facenda local de Mazaricos promove o desenvolvemento económico e mitiga o “catastrazo”

Convértese no único concello da contorna con pack de bonificacións, liña de subvencións propia e punto de atención ás persoas afectadas polo Catastro

O Concello de Mazaricos vén de publicar na súa web todos os formularios para as bonificacións do IBI. Por unha banda, bonifícase o desenvolvemento de actividades comerciais, tamén ás familias numerosas, o desenvolvemento de actividades agrogandeiras  e a condición de cooperativa ou explotación comunitaria da terra.

O alcalde, Juan José Blanco explica que “o proceso de regulación catastral foi un mazazo para a veciñanza do Concello. Por iso, para paliar o aumento de valores e as novas incorporacións a catastro o Concello rebaixou do 0,6 ao 0,4 o tipo impositivo do IBI para 2019”. Nesta liña, o rexedor engade que “se bonificou a sectores importantes para a economía do municipio como gandeiría e comercio”. “Queremos que as persoas queden a vivir en Mazaricos e por iso tamén bonificamos ás familias numerosas sen esquecer que creamos unha liña de axuda propia á creación de empresas e outra, tamén propia, para os desprazamentos do estudantado residente no Concello”.

Mazaricos é, desde xeito, o único Concello da contorna que aplica este pack de bonificacións sumado á liña de axudas propias a estudantado e emprendemento. “A isto temos que engadir que o Concello habilitou un punto de información catastral que atendeu a máis de 1000 persoas e cursou máis de 600 alegacións de xeito totalmente gratuito”.

LINK DE ACCESO AOS FORMULARIOS

http://www.mazaricos.gal/news/bonificacion#.W-1AsehKjcd  

Fonte- Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos