13.6 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Dunas si ou dunas non?

Mentras Estados Unidos moviliza ao exército para crear dunas artificiais para protexer as súas praias do sur, como outros moitos países de todo o planeta, aqui nin sequera respetamos as propias dunas naturais que xa temos, témolas porque eses areais xa estaban por estes lares moito antes de que chegaramos nós, os homo sapiens, as veces moi pouco sapiens. Óscar de Souto (Laxe, 11/11/2018)

Foto Vidal

Unha imprudente petición en change.org facía saltar tódalas alarmas fai tan só uns días. Efectivamente Laxe ten un grupo moi nutrido de anti-dunas que prefiren unha primeira linea de costa despexada desas malas herbas tan feas. “Feo”, precisamente ese é o sustantivo co que definen na zona de Ponteceso a vexetación que compón os sistemas dunares de Val-arés e Montebranco. Esta petición da Vila laxense vai capitaneada polo concellal de turismo e lider do B. N. G. que solicita “ao Ministerio para la Transición Ecológica que inste de xeito urxente á Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar en Galicia á retirada das dunas da parte baixa do paseo marítimo de Laxe”.

Mais resulta moi curioso que esas mesmas areas tan molestas resultan ser a única defensa da primeira linea de costa ante unha tempestade inusualmente profunda ou un posible tsunami que causaria un dano considerable posto que a parte mais nova deste pobo foi construido precisamente encima dun xigantesco sistema dunar cen veces superior o que subsiste hoxe en dia. Deterioradas, atacadas, pisadas e desprotexidas. A situación desta zona da praia é crítica, desaparecerán sen dúbida, se a maioría dos laxenses non as queren (sexa con ou sen permiso de Costas) estan xa sentenciadas a súa total desaparición. Desaparecerán como tamén o fará esa primeira liña que, sen unha barreira natural ou artificial, esta xa decretada a súa sorte, polo aumento do nivel do mar, aumento da intensidade dos temporais, tsunamis, ou por todo xunto. É cuestión de tempo.

Entrementes Xapón manda S.M.S´s a poboación avisando dun sísmo, protocolo de evacuación en caso de maremoto, etc, etc, etc…. aqui en españistán en caso de terremoto forte preto da costa e tsunami só teremos tempo a estornudar porque non temos activado ningún sistema ou plan ante tal suceso. Catástrofe que os expertos sinalan existe e ademáis nun risco moi alto nesta década según os seus cálculos, e pode ser mañán mesmo.

OS NEGACIONISTAS ANTI-DUNAS DE PORTOSSÁS:

Son moi numerosos os cidadáns laxenses que contan esa lenda fantástica de que as dunas son artificiais, ali nunca existiron, o peirao modificou as correntes, etc, etc…. e hai a quen lla colan claro, eles mesmos creen esa mentira tan popular. Mais esa imaxen aérea que tomou un avión americano no ano 1956 deixa patente que mais da metade de Laxe foi edificado por encima dun xigantesco sistema dunar hoxe en día totalmente cementado polo que as actuais dunas non poden avanzar atravesando edificios, prazas e rueiros e están forzadas a resistir a pé de praia, lóxico. A mellor posición que atoparon para colocar o colexio do Cabo da Area, I.E.P. Cabo da Area, sobre a duna e a dez metros do mar, ali están seguros os nenos ????  

Pois gustariame hoxe facervos a todos vos esta pregunta:  dunas si ou dunas non ??? que opinas ???

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos