5.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

As propostas do BNG para a recepción da TV en Lires

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Cee, Serxio Domínguez Louro, presentou no rexistro do concello dúas posibles alternativas para solucionar as deficiencias que teñen en Lires para poder ver a televisión.

Os nacionalistas aseguran que as propostas foron consultadas a profesionais da materia pero emprazan ao goberno local a pedir o asesoramento oportuno.

Estas son as dúas solucións achegadas desde o BNG.

1-Trasladar o actual repetidor a Riba das Eiras, xusto ao lado do palco da música. Nesa ubicación, e dando a altura suficiente, poderíase manter o sinal desde Fisterra, de feito as casas da volta xa pillan desde alí, e ao mesmo tempo o problema de alimentación é moi sinxelo de solucionar, xa que nese poste está a toma de corrente usada nos actos da praza. 

2- Colocar un novo reemisor en Cabaleriza, na torre de cobertura de telefonía móbil. Esta opción podería servir ademáis para dar mais e mellor cobertura a Lires e parroquia. Para iso habería que entablar conversas con Vodafone, compañía propietaria da antena, e ver a posibilidade de dar mais altura a torre, co que ampliaría o campo de acción do sinal, podendo chegar a toda a parroquia e mellorar otras zonas limítrofes, e ao mesmo tempo conveniar con eles a colocación dun repetidor de televisión que suprise ao actual en Lires. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos