2.1 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

«Paiosaco sabe a tapas» celebrarase a próxima fin de semana

Nove establecementos hostaleiros ofrecerán elaboracións orixinais ao prezo de 1,50 euros//Haberá ruadas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco e regalos para os consumidores cedidos polas empresas colaboradoras.
 
 
A primeira edición da ruta ‘Paiosaco sabe a tapas’ celebrarase na próxima fin de semana, do venres 9 ao domingo 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, o patrón da parroquia de Lestón. Farase baixo a organización do Concello da Laracha.
 
Os nove establecementos que forman parte do programa serán Café Bar Balbís, Bar Parrillada O Fogón da Pía, Cervecería Norte, Café Bar A Eira, Café Bar Bello Campo, Café Bar Lestón, Cervecería O Cepo, Cafetería Cervecería Suiza e Cafetería Trevi. Todos eles están situados na propia vila de Paiosaco ou en lugares próximos tamén situados na parroquia de Lestón.
 
Neses nove locais ofreceranse ao público as tapas ao prezo de 1,50 euros o venres (de 20:00 a 24:00 h) o sábado (de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 24:00 h) e o domingo (de 12:00 a 15:00 h).
 
Para amenizar as xornadas, haberá ruadas a cargo da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco. Ademais, os consumidores que degusten as tapas participarán no sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.
 
Coa posta en marcha desta iniciativa en Paiosaco por primeira vez, o Concello da Laracha pecha o círculo organizando programas destas características nos tres núcleos urbanos. A ruta de tapas da capital municipal xa está consolidada como un evento de referencia tanto en marzo como en agosto. En Caión neste ano houbo a primeira experiencia a principios de xuño, co inicio da temporada de verán. En Paiosaco faise nunha data de referencia como é o San Martiño.
 
Ademais de supoñer un impulso para o sector hostaleiro da vila, coa organización de ‘Paiosaco sabe a tapas’ o Concello da Laracha tamén pretende ofrecer a posibilidade aos establecementos de darse a coñecer a veciños, visitantes e turistas e mostrar as elaboracións.

 

Fonte- nota de prensa Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos