3.6 C
Santa Comba
viernes, febrero 3, 2023

David Barbeira:»Comprometémonos a traballar polas cousas que necesita Santa Comba”

Barbeira:”En Santa Comba hai un comedor sobre rodas e está moi ben, pero esa xente maior que come o sábado e o domingo?”.

David Barbeira García foi presentado oficialmente como candidato a alcaldía de Santa Comba por Compromiso por Galicia nun acto no que estivo arroupado por membros da formación de Santiago, A Baña, Negreira, Muros e doutros puntos de Galicia, e por veciños de Santa Comba. Tamén asistiu o secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo, nunha velada que contou coa participación dos gaiteiros de Santa Comba, das pandereteiras de Sabaceda e dunha solista e que rematou con pinchos.

Na súa intervención, David Barbeira, anunciou que “nós non imos a prometer nada” pero si “comprometémonos a traballar polas cousas que necesita Santa Comba”.

Barbeira non quere “unha política de todo non”

O candidato galeguista manifestou que unha das súas prioridades son os servizos sociais e a atención aos maiores.”En Santa Comba hai un comedor sobre rodas e está moi ben, pero esa xente maior que come o sábado e o domingo?”, preguntouse Barbeira que tamén falou da necesidade dun Centro de Día. “Se todos o queremos que é o que nos separa?”.

Tamén asegurou que o seu grupo non faría nunca “unha política de todo non”. David Barbeira pediu un “voto de confianza” porque está convencido de “que se pode cambiar Santa Comba”. Lamentou que “os nosos mozos non teñen ningún tipo de futuro no noso concello”.
O candidato de CxG preguntou ao auditorio:”Imaxinades de alcalde, na Xunta de Galicia, a un pedichón coma min”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
900SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos