9.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 10, 2024

Sufocan un incendio nun alpendre de Muxía

Ardeu parte do teito e morreron tres galiñas.

Bombeiros da Costa da Morte e efectivos de Protección Civil de Muxía tiveron que intervir nun operativo para sofocar un incendio nun alpendre do lugar de Guisamonde, no concello de Muxía, onde había palla, distintos materiais e varios animais. Salváronse as ovellas pero non tres galiñas que había dentro dunha xaula.

A incidencia tivo lugar ás 19:15 deste pasado martes.Un particular foi o que deu a voz de alerta. Os bombeiros informaron que ardeu parte do teito do alpendre. Todo parece indicar que a orixe do incendio puido estar na cheminea.

Fotos- Protección Civil de Muxía

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos