5667 fans     1531 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Mónica Rodríguez demanda investimentos necesarios cos ingresos do parque eólico

Mónica Rodríguez demanda investimentos necesarios cos ingresos do parque eólico

Costa da Morte | Publicada: 10/10/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 54 segundos.

Recrimina que Antelo no cumpre as súas promesas electorais e presenta unha relación de propostas de obras.

Nota de prensa íntegra

Mónica Rodríguez pídelle o goberno investimentos en infraestruturas moi necesarias, para Vimianzo.

PSOE e IxV pídenlle o goberno local que o diñeiro que se ingresou polo da licenza do Parque Eólico Monte Tourado-Eixe se fagan investimentos nas nosas parroquias e que os mesmos aporten un mellor servizo  a todos os usuarios.

Recordámoslle o goberno do Sr. Antelo, que xa case rematando a segunda lexislatura como alcalde, seguimos sen ver cumprido a maioría do seu programa electoral, que tanto alardeou que iba  a cumprir se o pobo de Vimianzo, lle daba esa maioría absoluta, coa cal podería ser libre para poder facer e dar todo o mellor para Vimianzo. A falta de case 7 meses para as próximas eleccións municipais, temos claro que nada de ese compromiso cumpriu para darlle os vimianceses o que precisan. Sí podemos dicir, que  con este diñeiro que ten o seu dispor, vai facer “arranxos de pouca entidade”, estas, non deixan de ser obras preelectorais, con pinceladas en cada parroquia, en vez de obras necesarias e de calidade. Lamentablemente en case 8 anos de goberno, Vimianzo está nun rumbo sen proxección de futuro, e as nosas parroquias están nun claro abandono de mantemento e conservación.

Dende o noso grupo consideramos que con esta modificación presupostaría, na cal ingresan 1.117.000 € nas arcas municipais,  estes deberan reverter en obras necesarias que perduren no tempo.

Propostas de IxV e PSOE 

As nosas propostas serían entre outras, ampliar a Ponte de acceso o lugar de Pasarela, tendo en conta que a vía é de titularidade municipal e a cal melloraría notablemente o servizo as empresas da zona, non podemos esquecer que na actualidade se atopan as empresas mais importantes da comarca do sector forestal e madeireiro, así como  unha empresa do mundo do motor sendo un referente no ámbito nacional e internacional.

Tamén proporiamos outros, como ampliación da Ponte de Quitiande (Serramo) considerando que está ubicada nunha vía de titularidade municipal, pola que circulan vehículos  de gran tonelaxe, tanto agrícola como transporte en xeral; nesta mesma ruta tamén vemos necesario ampliar a ponte de Xora (Treos), e non sería menos importante rematar a Casa Cultura de Baiñas (que leva anos en estado de abandono), facer unha senda peonil en Castrelo (dende a igrexa o cruce Caxadas), cubrir a pista polideportiva en Carnés, o Saneamento en Berdoias e tamén nos gustaría que incorporara  unha partida considerable para dar por iniciada a 1ª fase da piscina climatizada de Vimianzo, que tanto leva prometendo, pero en oito anos o único que vai facer e dedicar 25 mil euros a impermeabilizar o vaso da piscina existente, e anuncia de maneira ilóxica, que intentará convertela en climatizada, o que denominamos, como un "parche" mais do actual goberno.

Con estas, e outras aportacións gustaríanos que o Sr. Alcalde reflexionase e valore poder atender as nosas peticións, para un Vimianzo mellor.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

Feijóo pide para Mauro Aufiero el mismo apoyo que recibió él en las elecciones autonómicas en Camariñas

Feijóo pide para Mauro Aufiero el mismo apoyo que recibió él en las elecciones autonómicas en Camariñas

Rafael Lema//El presidente de la Xunta de Galicia y del Partido Popular Alberto Núñez Feijoo visitó Camariñas ya en …

Ler máis
Pablo Otero:”Hay que seguir trabajando para revertir la situación”

Pablo Otero:”Hay que seguir trabajando para revertir la situación”

El Xallas visita a un Dubra enrachado en la Preferente del fútbol gallego.   Escucha la entrevista a partir …

Ler máis
Mazaricos inviste 430.000 euros en cinco proxectos

Mazaricos inviste 430.000 euros en cinco proxectos

Melloras en camiños, abastecemento de auga e melloras de espazos públicos O concello de Mazaricos formalizou o co…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Feira Primavera Santa Comba 2019
Entroido Coristanco 2019
GDR 2019
Gadis 36.000 euros 2019
Autos Xallas
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

"Juntos, café para dos, fumando un cigarrillo a medias"

Daniel Lago

Quase 40 anos depois, seguimos com o Estatuto de autonomia sem desenvolver. Aparece na minha cabeça essa opulenta frase, que mais parece derivada de …

Daniel Lago
Ler máis

Hemos tenido 800 años para preparar los festejos de la segunda fundación de Betanzos

Francisco Martínez Pin

El 13 de febrero de 1219 se sabía, si de ese día en 800 años Betanzos seguía existiendo, cumpliría su traslado y segunda fundación, 8 siglos. No…

Francisco Martínez Pin
Ler máis

Radio Xallas batendo no dial

Xosé Abelenda

Unha boa nova para a comarca do Xallas é saber que xa podemos escoitar de novo Radio Xallas, o altofalante dos xalleiros e xalleiras co programa estr…

Xosé Abelenda
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información