11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Convenio entre a Xunta e a CMAT para potenciar o xeodestino Costa da Morte

A Xunta de Galicia achega 115.600 euros á CMAT a través dun convenio asinado recentemente pola xefa provincial de turismo, Camino Triguero, e o presidente da CMAT, Juan Blanco.

Será a través de dúas aportacións de 57.800 euros, unha para cada anualidade (2018 e 2019) que permitirán financiar distintas iniciativas dentro dun convenio que ten un orzamento de 150.000 euros e que pretende “establecer as bases da colaboración técnica e económica entre a Axencia Turismo de Galicia e a CMAT para a subvención de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo no xeodestino Costa da Morte”.

Xeodestino Costa da Morte

Desde a CMAT agradecen a axuda de Turismo de Galicia. Segundo esta entidade neste primeiro ano estase a deseñar un plan estratéxico para  a Costa da Morte e distintas acciñons de comunicación online e offline do xeodestino.Tamén se traballa en presentacións, asistencia a feiras especializadas, e nas experiencias de Patrimonio e Turismo activo.

Para o 2019 a folla de ruta centrarase nas accións de comunicación e e promoción do xeodestino Costa da Morte,na especialización do destino e de produtos turísticos, actualización e melloras das experiencias de Gastronomía, Patrimonio e Turismo Activo e na coordinación, planificación e seguimento das accións executadas a través do convenio. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos