6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Kiko Calzas reforza a alternativa do Partido Popular en Vimianzo

Nova incorporación ao proxecto que lidera Raquel Rodríguez.

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Vimianzo, Raquel Rodríguez Amigo, segue traballando na incorporación de efectivos para a o que conseidera “a única opción seria de goberno en Vimianzo”.

Despois da “fichaxe” do concelleiro José Manuel Rodríguez “Roque”, procedente de Terra Galega, agora chega Kiko Calzas, un veciño da capital municipal, traballador do 061 e vinculado a actividade cultural e deportiva do concello.

“Aquí en Vimianzo partimos co reto de gañar as eleccións”

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, aplaudiu esta incorporación:“No Partido Popular temos demostrado sempre que traballando xuntos e unidos somos capaces de alcanzar calquera obxectivo. Aquí en Vimianzo partimos co reto de gañar as eleccións e de gobernar e estou seguro de que se están dando os pasos correctos para logralo”.

Pola súa banda, Raquel Rodríguez, agradeceu a “xenerosidade” e o “compromiso” de Kiko Calzas, unha persoa que chega con ganas de “traballar sen descanso”.

Na o acto de presentación dos candidatos da Costa da Morte, Raquel Rodríguez, amousose optimista con respecto as vindeiras eleccións municipais, e confía en que Vimianzo poida saír do estado de “letargo” no que está co goberno de Manuel Antelo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos