9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Antonio Domínguez:”Abriremos a piscina, crearemos un centro de día e encheremos o polígono de empresas”

Vídeo con declaracións de Antonio Domínguez.

O exalcalde de Cee, Antonio Domínguez, retornou á primeira liña política e na súa presentación, xa avanzou algúns dos seus compromisos electorais como a apertura da piscina climatizada, a creación dun centro de día ou a atracción de empresas:”Encheremos o polígono industrial de empresas que xeren emprego”.

Domínguez quere ofrecer un revulsivo porque “Cee hoxe é un barco á deriva e sen rumbo, a piscina climatizada leva dous anos pechada e arruinándose e onde tíñamos bandeiras azuis temos bandeiras negras”. Tamén lembrou a recente perda dunha subvención de 42.000 euros para melloras nos camiños rurais.” Non lle pedimos que fixeran grandes cousas, só que conservaran o que habíamos feito nós” sinalou Antonio Domínguez que asegurou que “nos cumprimos sempre os nosos programas electorais e desta vez tamén o faremos”.

”Estou seguro que volverás a ser alcalde de Cee, Antonio»

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, aplaudiu o feito de “recuperar a unha persoa de valía contrastada” e dirixiu un mensaxe optimista:”Estou seguro que volverás a ser alcalde de Cee, Antonio«.

Sobre o concello de Cee, Calvo amosouse crítico;”En Cee levamos un tempo onde o alcalde se dedica a calquera cousa menos a atender ao seu concello. As noticias de Cee son sempre de problemas”.

Ao acto de presentación asistiron os concelleiros non adscritos de Cee, Juan Bautista Areas e Yolanda García Leal.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos