11.5 C
Santa Comba
martes, abril 23, 2024

A CMAT presentou o seu plan formativo para o último trimestre deste ano

Turismo Costa da Morte// “A Costa da Morte ten a opción de convertirse no primeiro destino de turismo deportivo de Galicia” afirmou o deputado Xosé Regueira.

O salón de plenos do concello de Cabana de Bergantiños acolleu a presentación do plan formativo da CMAT para o último trimestre deste 2018. No acto estiveron presentes o diputado provincial de Turismo, Xose Regueira, o presidente da CMAT, Juan José Blanco, Pablo Canosa, secretario da CMAT e os alcaldes de A Laracha, Jose Manuel López Varela, e Cabana de Bergantiños, José Muiño.

O deputado provincial Xosé Regueira manifestou que “a Costa da Morte ten a opción de convertirse no primeiro destino de turismo deportivo de Galicia. Ningún outro destino galego estase a tomar tan en serio o potencial desta parcela do turismo”.Por outra banda Juan José Blanco, presidente da CMAT destacou “ a calidade dos nosos productos e empresas, e as multiples actividades que desenvolven ao longo do ano”.

Módulos para o sector hostaleiro e turístico da Costa da Morte

O programa formativo da CMAT consiste en distintos módulos formativos relacionados coa mellora da competitividade da hostalería e das empresas turísticas da Costa da Morte en gastronomía local, interpretación, marketing e novas tecnoloxías aplicadas ao turismo natural e cultural, ou marketing e comercialización de actividades de turismo activo e deportivo. 

Tamén hai módulos sobre inglés básico e medio aplicado a hostalería ou á persoal dos concellos e aos informadores turísticos.Despois da presentación en Cabana de Bergantiños, celebrouse unha mesa de traballo. En Corcubión está prevista outra este martes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos