Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a unha persoa que quedou inconsciente despois de ser alcanzada por un turismo en Vimianzo.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás once desta mañá no cruce de Baíñas. Como consecuencia do impacto, a persoa quedou tendida na vía sen consciencia e cun forte golpe na cabeza. Así, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias.
Pola súa banda, o persoal do 112 pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.Non foi o único atropelo rexistrado esta mañá. Tamén en Carballo, ás 11:30 horas, outra persoa foi atropelada por un vehículo na Rúa Gustavo Freire. Ata alí desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia para atender ao ferido.
Fonte- Axega 112
Nota-
Segundo puido saber Adiante Galicia, a persoa atropelada en Baíñas, é un veciño de Manlle de 82 anos de idade.