Juan Blanco valora as obras e o gasto social como piares deste orzamento que “non tivo votos en contra”.
Obras e gasto social
Os orzamentos do 2018 para o alcalde de Mazaricos son positivos e ademáis entende que “foron consensuados entre goberno e oposición no sentido que non houbo votos en contra”.
En declaracións a Adiante Galicia lembrou que “somos un concello que ten case medio millón de euros de remanente” e que a maior parte do gasto corrente vai para obras, destacando tamén os investimentos en gasto social.
Impago do canon da auga na anterior lexislatura
A contas “axústanse aos gastos” e tamén a algúns imprevisto. Juan Blanco refírese ao desenvolso de 50.000 euros.”Tivemos que pagar unha sanción polo impago do canon da auga do 2012, 2013, 2014 e 2015, e houbo que pagar o canon e máis a multa”.
Sobre a curta duración do pleno orzamentario,Blanco dixo:”O pleno durou tan pouco porque non houbo consultas por parte da oposición.Se a oposición ten algo que obxectar nós respondemos”.
Rebaixa do IBI para paliar a suba do goberno central
O alcalde de Mazaricos tamén puxo en valor a rebaixa do IBI que permitirá “paliar a subida que o Ministerio establece co esforzo do concello”, lembrando a rebaixa do 0,6 ao 04, e tamén do 95% as granxas e do 50% ais establecementos comerciais.