19.5 C
Santa Comba
jueves, mayo 15, 2025

O BNG demanda actuacións inmediatas no colexio Eugenio López de Cee

O Bloque Nacionalista Galego de Cee dou conta das numerosas deficiencias que presenta o colexio Eugenio López de Cee cando está preto o inicio do curso escolar. Nun comunicado de prensa, acompañan unha ampla selección de fotografías que certifican as necesidades do centro educativo.

O BNG pide que se retiren os areeiros que «están pegados as ventás do comedor» e son un «foco de infección constante» por distintos motivos. Tamén solicitan que se acondicione o espazo para outros xogos e se acometa  a reposición das pranchas de cubrición do cuberto, retirando as rotas e colocando unas novas no seu lugar, a retirada o lixo situado no perímetro do centro, e a substitución dos valados de madeira dos parques.

Entre as peticións dos nacionalistas tamén está a reposición do empedrado exterior e a reparación das zonas de enlousado do piso e as escaleiras de entrada, facer desaparecer as pedras que asoman do chan, o estudo da posibilidade da retirada da área que rodea o recinto,e  o recubremento dos piares do patio cuberto con materiais acolchados e que eviten golpes en caso de caída dos nenos e nenas contra eles.

Ademais propoñen a a construcción dunha rampa de acceso pola porta lateral do polideportivo que facilite a entrada de cadeiras de rodas, sen ter que usar a porta principal desde o exterior, e a retirada de calquera obxecto ou ferro do recinto que xa non teña uso e poida supor un perigo para integridade física dos e das menores.

Por último completan as súas reivindicacións pedindo a asunción das labores de mantemento precisas nos campos de xogo exteriores, sanear as porterías e canastras dos mesmos, o tapado e selado en condición todas e cada unha das fendas existentes nas paredes exteriores do edificio e a renovación do muro de peche dianteiro para evitar posibles derrubes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos