Os populares advirten que a alcaldesa “en sustitución”, Sandra Ínsua “está sendo investigada por outra contratación ilegal».
Reproducimos completo o comunicado do Partido Popular de Camariñas.
Hoxe é un día moi importante no Concello de Camariñas, douse o primeiro paso para que o goberno de Camariñas volte a senda da Lei, por fin o señor Valeriano acatou a sentenza da Audiencia Provincial que ratificou a anterior do Xulgado do Penal, na que quedou inhabilitado para cargo público por prevaricación. Pensamos que o fixo mais de un ano tarde pero a Xusticia é lenta e segura, e vemos cómo o que incumple a Lei ten que asumir as consecuencias.
Hoxe, os cidadans de Camariñas están mais preto de ser todos iguais e ter as mesmas oportunidades para traballar no noso Concello pois precisamente por non cumprir eso, o señor Valeriano tivo que marchar. O PSOE de Camariñas debe saber que non nos vai temblar a man en levar á xusticia calqueira actuación que non sexa acorde coa Lei.
O PP de Camariñas fixo a súa labor de oposición denunciando unha actuación ilegal e seguirá facendoo si o equipo de goberno segue a actuar do mesmo xeito. Por desgraza, todo o que rodea o PSOE de Camariñas está condicionado polos seus actos, e éstes veñen marcados polo apoio que lle deron a unha persoa condenada por incumprir a Lei. E non podemos olvidar que o equipo de goberno ten mais casos pendentes na Xusticia como que a propia «alcandesa en sustitución» que está sendo investigada por outra contratación ilegal, e outros casos que poden sair no futuro. A nós non nos temblará a man en facer cumprir a xusticia e esixiremos que se acate a Lei como levamos facendo todo este tempo.