8.6 C
Santa Comba
sábado, mayo 10, 2025

Ilva Carril:»Manuel Alonso xa non pode continuar nin un día máis como alcalde de Camariñas”

O BNG pide un pleno urxente para que o goberno municipal de Camariña releve ao alcalde. (Ilva Carril no centro da foto)

“A Xustiza falou por segunda vez en apenas un ano e Manuel Alonso xa non pode continuar nin un día máis como alcalde de Camariñas” asegurou a concelleira nacionalista Ilva Carril en referencia a ratificación, por parte da Audiencia Provincial, da condena que inhabilira ao rexedor camariñán.

O BNG esixe a convocatoria urxente dun pleno extraordinario e «apela ao PSOE, a forza maioritaria na corporación, a que asuma a sentenza, cumpra os seus propios códigos internos e aparte inmediatamente” a Manuel Valeriano Alonso de León da alcaldía “para non seguir prexudicando á xestión do concello e que poñan a quen teñan que pór no posto para pasar páxina e se empece a atender aos asuntos cotiás de Camariñas” manifestou Carril.

Urxen ao PSdeG a tomar medidas

Para Ilva Carril xa había unha primera sentenza «suficientemente clara contra Alonso por prevaricación e que xa daquela o alcalde debeu ser apartado do seu cargo polo seu partido»

Agora desde o BNG emprazan ao PSdeG a actuar con rapidez diante dun fallo xudicial “que non admite lugar a dúbidas e obriga a Alonso a deixar a alcaldía”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos