5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

A Laracha celebra as súas Festas patronais

Un ano máis chegan as Festas de Santa María de Torás, as celebracións patronais do concello da Laracha. Son catro días de festa nun evento que conta co apoio da institución municipal que preside José Manuel López Varela.

Arrancan o martes 14 de agosto cunha verbena protagonizada pola orquestra La Favorita, acompañada pola discoteca móbil Movemento. 

Día de Santa María con moitas actividades

O mércores 15 , día de Santa María, será unha xornada chea de actividades. Haberá dianas e alboradas coa A.C. Queiroga, pasarrúas coa banda de gaitas do Padroado de Cultura de Narón, misa solemne ás 13h (ás 9 haberá outra na igrexa vella), e sesión vermouth cunha orquestra por determinar, na praza do concello. Pola tarde(18h) celebrarase o torneo de fútbol do concello coa participación de Laracha, Paiosaco e Club do Mar. Na explanada do instituto actuará a Fanfarria Takicardia e a A.C. Santa María de Torás. A orquestra Gran Casino amenizará a verbena xunto coa discoteca móbil Movemento.

El Combo Dominicano e Armonía Show

O xoves 17, a A.C. Queiroga volverá coas dianas e Alboradas e haberá pasarrúas coa banda municipal de Rianxo. Ás 13h terá lugar unha procesión desde a igrexa parroquial ata a capela de San Roque, e posteriormente unha misa e sesión vermouth.

Pola tarde, na explanada do instituto haberá un espectáculo de maxia e teatro con “Lafayette Show” e disputarase un partido de solteiros contra casados. A verbena desta noite contará cunha das orquestras máis populares, El Combo Dominicano. Volverá a estar en acción a discoteca móbil Movemento.

O Venres rematarán os festexos. A asociación cultural Queiroga ocuparase das dianas, alboradas e do pasarrúas. Ás 13,30 será a misa e logo ha tradicional sesión vermouth cunha orquestra. Nesta xornada, na explanada do instituto, celébrase o Día do Neno con inchables e festa da espuma. Pola noite, outra orquestra de referencia estará no escenario, Armonía Show.No descanso da verbena ofrecerase unha sesión de lumes de artificio. Como broche de novo a discoteca móbil.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos