Está a ser velado no Tanatorio A Xunqueira de Cee. O funeral de corpo presente e o enterro terán lugar este luns, 13 de agosto, a partir das 17,30 h na igrexa parroquial de San Pedro de Coucieiro, en Muxía.
Unha triste noticia chegaba á nosa redacción de fin de semana. Unha luctuosa novidade que lembrando ao poeta, facíanos doer ata o alento.Temos que informar do falecemento do compañeiro Jesús Trillo Grille, co que tiven o pracer de compartir roldas de prensa, eventos, confidencias, e durante varios anos unha corresponsalía da Radio Galega na Costa da Morte.
Jesús Trillo foi durante moitos anos o delegado de El Correo Gallego na comarca. É un dos fundadores do establecemento de turismo rural Casa Trillo e ostentaba o cargo de presidente da asociación Muxía Turismo Natural.
Falecía onte sábado aos 55 anos de idade. Está a ser velado no Tanatorio A Xunqueira de Cee. O funeral de corpo presente e o enterro terán lugar este luns, 13 de agosto, a partir das 17,30 h na igrexa parroquial de San Pedro de Coucieiro, en Muxía.
Desde aquí as condolencias a súa familia e ao seus amigos por esta dolorosa perda.
D.E. P. Compañeiro Jesús Trillo.
Xosé Manuel Lema
Director Adianta Galicia