5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O BNG valora que a Xunta atenda ás demandas educativas de Ponteceso despois de varios meses de insistencia e de estar “xorda”

Declaracións de Carlos Penedo despois do anuncio de investimentos da Xunta.

O concelleiro de Educación e portavoz do BNG de Ponteceso, Carlos Penedo, felicitouse  dos investimentos anunciados pola Consellería de Educación en varios centros educativos do concello “despois de meses de insistencia pola nosa parte” e animou ao xefe territorial, Indalecio Cabana, a non demorar máis as obras do CEIP As Forcadas.

Penedo lembrou o esforzo do concello de Ponteceso nestes últimos tres anos “asumindo o mantemento diario dos centros de ensino Eduardo Pondal e As Forcadas, ademais das escolas rurais”.

Pista de xogos no CEIP As Forcadas de Corme

O portavoz nacionalista valora as actuacións dunha Xunta de Galicia “até o de agora xorda ás demandas das ANPAS e dos docentes”. Agarda que o departamento autonómico “manteña o interese” e cumpra a promesa de arranxar unha pista de xogos no CEIP As Forcadas, de Corme.
Carlos Penedo destacou que parte do éxito de que as demandas da comunidade educativa de Ponteceso empecen a ser atendidas “ten que ver co traballo e os acordos que se van tomando no Consello Escolar Municipal que se puxo en funcionamento dende esta concellaría”.

Visita de Ovidio Rodeiro

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitaba fai uns días as obras que se están realizando no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso de instalación dun ascensor, cun orzamento de 62.000 euros.

Desde a Xunta indicaban que o investimento no centros educativos de Ponteceso ascende a 93.000, xa que se inclúa a reparación da instalación eléctrica do IES de Ponteceso(1.5.15 euros) e a reparación dunha pista polideportiva no colexio ce Corme (31.000 euros).Rodeiro estivo acompañado polo xefe territorial Indalecio Cabana e polo alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos