13.4 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Xan García:“O goberno de Fisterra non pode esconder a súa incapacidade para gobernar con ataques e descualificacións”

Declaracións de Xan García a Adiante Galicia.

O portavoz municipal de Converxencia Galega en Fisterra, Xan García, rebateu as críticas lanzadas desde o PSOE ás súas reflexións pola polémica sobre a mouteira do KM-0 colocada en Muxía.

 “Eu non quero polemizar e menos sobre este asunto pero estou farto de que este goberno leve case catro anos culpando aos demais de calquera problema” declarou García, asegurando que o seu grupo está facendo “unha oposición responsable e construtiva”.

Non ostante segundo o concelleiro de Converxencia “chegou a hora de que rindan contas ao pobo e á oposición  e non que cada vez que se faga unha crítica construtiva sempre nos respondan con ataques e descualificacións”.

“Todo o mundo é culpable menos eles”.

Xan García manifesta que o executivo bipartito de Fisterra “non pode esconder a súa incapacidade para gobernar con ataques e descualificacións. Teñen que espabilar, para iso cobran”.

Ademais insiste que “Patrimonio, Cultura, Portos, Autoridade Portuaria, Medio Ambiente, Demarcación de Costas….. todo o mundo é culpable menos eles”.

Para Xan García“ é público e notorio que a xestión do goberno de Fisterra é nefasta e teñen que dar conta diante dos veciños por mal que lle pese”. O que lle resulta “sorprendente” son “os ataques furibundos” contra a súa persoa cando na última reunión do consello municipal de turismo a proposta para pedir unha entrevista cos responsables do Xacobeo xurdiu precisamente deste concelleiro, sendo aprobada por unanimidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos