José Luis Pérez:“Estamos no momento do ano no que máis xente visita o noso Concello e resulta que o señor alcalde está de brazos cruzados esperando a ver si o outro axente da Policía Local dase de alta ou non”.
O goberno local de Laxe incurriu nunha “falta de previsión” ante a baixa dun dos dous axentes que teñen na Policía Local. Esta é a queixa do portavoz co PP no concello, José Luis Pérez, que tilda a xestión do alcalde, José Manuel Mouzo de “irresponsable” e non aforra críticas:“Estamos no momento do ano no que máis xente visita o noso Concello e resulta que o señor alcalde está de brazos cruzados esperando a ver si o outro axente da Policía Local dase de alta ou non”.
Tempada alta do turismo de Laxe
Pérez Añón lembra que estamos na tempada “de máis afluencia de turistas ao municipio”, e un só axente da Policía Local non é suficiente polo que “debería pedir reforzos á Garda Civil”, xa que esta situación provoca “unha sensación de inseguridade”, e tamén dificultades para a ordenación do tráfico ou para atender “calquera demanda dos veciños e das persoas que estas semanas veranean en Laxe”.
Para o Partido Popular de Laxe “calquera persoa con dous dedos de fronte é consciente de que non podemos estar só cun policía local porque é imposible atender a todas as cousas que hai que facer”.