Esta fin de semana celébrase a festa da Praia do Ézaro no concello de Dumbría.
Completa e potente fin de semana na localidade costeira do Ézaro, coa Festa da Praia que ofrece un cartel cheo de actividades para todas as idades. Maxia, concertos, obradoiros, xogos, sardiñada popular, campionato de volei praia e iluminación da Fervenza. Adxuntamos o atractivo programa que deseñou o concello de Dumbría.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SÁBADO 4
Campionato Galego de Volei praia. (O longo do día)
17:00 h.
> Obradoiros infantís de manualidades
> Inchables
> Espectáculo itinerante de circo: pases ao longo de toda a tarde con malabares, mono ciclo, zancudo, forzudo,….
> Actuación do Mago Xacobe
18:00 h
> Sesión de Ciclo Indoor
19:30 h
> Actuación dos grupos musicais:
1º Perry Mason
2º En Mala Hora
3º Superglú
23:00 h.
> Iluminación da fervenza do Ézaro.
DOMINGO 5
Campionato Galego de Volei praia. (O longo do día)
A partir das 12:00 h da mañá e ao longo de todo o día:
> Obradoiros infantís de manualidades
> Inchables
> Xogos de habilidade para pequenos e maiores
> Ao mediodía: sardiñada popular con animación musical.
Pola tarde:
> Continúan os obradoiros, inchables e xogos de habilidade e tradicionais
> Actuación do Paiaso Piter
> Animación de rúa
> OCR Infantil Praia do Ézaro 19:00 h
> Actuación da orquestra Grupo Bomba.