5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O PSdeG quere que Mazaricos teña unha festa de referencia “como foi a da Fervenza”

Os socialistas propoñen recuperar o espírito deste evento// Critican o “minifundismo electoralista” do goberno en materia de festas.

Un referente festivo en Mazaricos

O portavoz do Partido Socialista de Mazaricos, Francisco Javier González Trillo, reivindica que se celebre no concello “unha festa de referencia como teñen outros concellos e que nós tiñamos coa Festa da Fervenza, grazas á iniciativa da veciñanza de San Cosme e o impulso que recibiu do concello a partires do goberno do BNG nos anos 90”.

González Trillo recrimínalle ao actual alcalde “a falta de apoio do concello á Festa da Fervenza “que deixou de celebrarse no 2011 coincidindo co desenvolvemento da Operación Orquestra, na que o concello de Mazaricos se vira dalgún xeito implicado”.

Nun comunicado de prensa os socialistas aseguran que entenden “as preferencias, os estilos de diversión e mesmo condicionantes relativos á seguridade e ao medio ambiente poden desaconsellar retomar o modelo de festexo que se facía ata o ano 2011, pero iso non pode impedir que a veciñanza teña un referente festivo e de exaltación gastronómica coma calquera outro concello que se prece”.

Reinventar a Festa da Fervenza

Javier González acusa ao alcalde de implantar o “minifundismo electoralista” en materia de festas. “Este home, que tiña un plan para cada problema, agora pretende partillar por parroquias as axudas económicas e a colaboración municipal, coa única pretensión de sacar rendemento electoral da xogada”.

Propoñen recuperar o “espírito da Fervenza” e piden “reinventar a festa”. Desde o PSOE demanda un cambio de actitude no goberno local de Mazaricos “e se impulsen actividades que sirvan para reivindicar a calidade dos nosos produtos e a nosa capacidade para aglutinar á mocidade e ás familias en torno a unha fórmula de entretemento cultural cuxa potencia permita volver a facer de Mazaricos o concello de referencia do calendario de festas de Galicia na segunda semana de agosto”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos