O concello de Mazaricos iniciou os traballos de mellora do campo de San Cosme de Antes, onde se habitará tamén un aparcamento, cun investimento de 25-758 euros. Desde o goberno local destacan que con esta actuación “a veciñanza de San Cosme verá cumprida a súa demanda histórica dun campo e un aparcamento”. O concello tivo que negociar coa Igrexa que cedeu os terreos. O alcalde Juan José Blanco afirmou sentirse moi “contento” porque “unha demanda tan repetida da veciñanza de San Cosme se faga por fin real”.
Melloras en camiños rurais e desbroces
Desde o goberno local tamén informaron da posta en marcha de melloras nos camiños rurais nas parroquias de Alborés, Chacín, Maroñas, Mazaricos e Vaos, que contan cun orzamento de 82.000 euros. E deron conta do comezo do novo camiño de Atán ao Monte Aro, para “mellorar o tránsito de vehículos agrícolas” e das obras de abastecemento de auga para Foxas, Castro e Vilar de Castro.
Así mesmo, nun comunicado, o concello de Mazaricos indica que está a desenvolver un plan de desbroces nuns 800 quilómetros de estradas locais e camiños agrícolas, do que se encargan empresas subcontratadas e persoal municipal. “É unha partida elevada pero este ano hai moita maleza polas condicións climatolóxicas” declarou o alcalde Juan Blanco, que cifrou o investimento en 100.000 euros.
O Concello tamén está a desenvolver o desbroce duns 800km de estradas locais e camiños agrícolas. Faranos empresas subcontratadas e persoal municipal. Blanco explicou que o orzamento é de 100.000€. “É unha partida elevada”, afirmou, “pero este ano hai moita maleza polas condicións climatolóxicas”.