8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

O concello de Mazaricos destina uns 100.000 euros ao seu plan de desbroces

O concello de Mazaricos iniciou os traballos de mellora do campo de San Cosme de Antes, onde se habitará tamén un aparcamento, cun investimento de 25-758 euros. Desde o goberno local destacan que con esta actuación “a veciñanza de San Cosme verá cumprida a súa demanda histórica dun campo e un aparcamento”. O concello tivo que negociar coa Igrexa que cedeu os terreos. O alcalde Juan José Blanco afirmou sentirse moi “contento” porque “unha demanda tan repetida da veciñanza de San Cosme se faga por fin real”.

 

Melloras en camiños rurais e desbroces

Desde o goberno local tamén informaron da posta en marcha de melloras nos camiños rurais nas parroquias de Alborés, Chacín, Maroñas, Mazaricos e Vaos, que contan cun orzamento de 82.000 euros. E deron conta do comezo do novo camiño de Atán ao Monte Aro, para “mellorar o tránsito de vehículos agrícolas” e das obras de abastecemento de auga para Foxas, Castro e Vilar de Castro.

Así mesmo, nun comunicado, o concello de Mazaricos indica que está a desenvolver un plan de desbroces nuns 800 quilómetros de estradas locais e camiños agrícolas, do que se encargan empresas subcontratadas e persoal  municipal. “É unha partida elevada pero este ano hai moita maleza polas condicións climatolóxicas” declarou o alcalde Juan Blanco, que cifrou o investimento en 100.000 euros.

O Concello tamén está a desenvolver o desbroce duns 800km de estradas locais e camiños agrícolas. Faranos empresas subcontratadas e persoal municipal. Blanco explicou que o orzamento é de 100.000€. “É unha partida elevada”, afirmou, “pero este ano hai moita maleza polas condicións climatolóxicas”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos