18.2 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 18, 2024

A ideoloxía de Compromiso por Santa Comba: “Nin de dereitas, nin de esquerdas, nin de centro… sentido común”

Reflexión de David Barbeira nas redes sociais// O portavoz galeguista asegura que a súa ideoloxía é a do sentido común.

Ideoloxía de dereitas, un pobo abandonado

O secretario local de Compromiso por Galicia en Santa Comba, David Barbeira, desmarcouse do resto das forzas políticas da corporación actual cunha reflexión sobre as ideoloxías políticas, difundida a través da rede social Facebook, e que provocou certo debate.

Asegura que a ideoloxía de dereitas “que comparte o noso goberno municipal”, do Partido Popular, é a de ter “un pobo abandonado sen apenas servizos” nin un futuro “para a xente nova” nin tampouco “instalacións para ter a nosa xente maior ben coidada”. Barbeira asegura que desde esta ideoloxía “chegan a ameazar axente” que non pensa igual.

Ideoloxía de esquerdas, insulto e rencillas persoais

Barbeira García tamén critica a ideoloxía de esquerdas no concello (representada na corporación polo PSOE) que recorre “ao insulto e as rencillas persoais” sen querer “falar con ningúen” porque xa “dúas ou tres persoas parece que queren cambiar o rumbo deste concello”.

Ideoloxía de centro, o beneficio propio

Tamén se refire á ideoloxía de “centro” de grupos que se presentan uns meses antes das eleccións “buscando sempre o mellor postor”co obxectivo de “pactar en beneficio propio”.

Sentido común

David Barbeira manifesta que a ideoloxía de Compromiso é a o “sentido común”, a de estar “cerca dos veciños” e “defender a liberdade de expresión sen que haxa represalias”.

Como se define Compromiso por Galicia?

Segundo o seu documento político Compromiso é “unha organización política que se declara como galeguista, progresista e socialdemócrata, de base plural, comprometida coa xustiza e a igualdade, que se marca como obxectivos principais a defensa dos intereses colectivos de Galicia, da súa identidade e dos seus dereitos, así como a transformación da súa realidade económica, social e cultural, para conseguir o desenvolvemento integral do noso pobo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos