Amancio Lavandeira destaca a “inoperancia” de Abraham Gerpe pero tamén a “intencionalidade” de Plágaro.
O portavoz municipal de Terra Galega está convencido de que Antonio Pensado actúa con premeditación e non hai espontaneidade na súa decisión de deixar o goberno: “Antonio Pensado marcou os tempos e é que sae airoso desta situación, era algo que xa o tiña previsto desde o primeiro momento”.
Por iso lembra o seu papel na situación actual:”Quen puxo a esta personaxe de alcalde foi Antonio Pensado, que levou as rendas neste último ano”. Lavandeira destaca a “inoperancia” de Abraham Gerpe pero tamén a “intencionalidade” de Plágaro.
“Abraham Gerpe caeu na tea de araña de Pensado”
“Abraham Gerpe caeu na tea de araña de Pensado Plágaro e agora é imposible saír dela” asegura o exalcalde que tamén lembrar que o seu grupo pediu “a destitución Pensado e que se creara unha comisión de investigación” sen resultado.
Amancio Lavandeira pensa que a crise de goberno vaise prolongar e que haberá máis desercións:“Non vai a marchar el só, outros seguirán os pasos que marque Antonio”.
“Coristanco está na UVI, necesita coidados paliativos”
E non aforra críticas para Gerpe que “non é capaz de dirixir un equipo pero sempre culpa de todo ós demais”. Lamenta que se “dilapidara” todo o traballo do seu goberno e pensa que “Coristanco está na UVI, necesita coidados paliativos”.
Detrás de toda esta polémica, Amancio Lavandeira, percibe “intereses particulares” dun goberno que “non foi capaz de aprobar nin unha soa licenza”. Para Terra Galega “O único camiño que lle queda e ir para a súa casa”. Do contrario “seguirá cobrando, e comendo plátanos e gominolas no seu despacho pero sen facer nada”.