7.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

A lenda negra da Costa da Morte é un invento

Vídeo no interior da noticia. XI Xornadas Muros mira ao Mar.

Rafael Lema e Xosé Enrique Rivadulla Corcón.Dúas persoas polifacéticas da Costa da Morte uniron as súas voces nas XIV xornadas de cultura mariñeira“Muros mira ao Mar” para desmitificar a chamada lenda negra da Costa da Morte. Aquela que fala de luces nos cornos das vacas e outras historias.

“Non hai nin un so dato documentado onde un capitán, unha compañía de seguros, un armador, un náufrago ou un consello de guerra, fagan a mínima mención a que un naufraxio fora provocado por xente de Galicia” explicaba Rafael Lema.

Leva anos o escritor da Ponte do Porto con esta teima, con esta xusta loita.”A lenda negra da Costa da Morte é un invento de gacetilleiros e novelistas naturalistas plaxiadores”.

“A nosa costa é todo o contrario”

Xosé Enrique Rivadulla Corcón agradeceu a exposición de Lema Mouzo e engadiu que lenda negra “é unha estupidez de xente que non tiña nada que ver co mar” porque “a nosa costa é todo o contrario, con xente que se caracterizou por salvar vidas”.

Rafael Lema e Rivadulla Corcón protagonizaron a primeira charla das xornadas “Muros mira ao mar”, ás que asistiu tamén a alcaldesa, María Xosé Alfonso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos