4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O alcalde de Vimianzo non ten decidido se volverá presentarse ás eleccións

Manuel Antelo: “As persoas non somos imprescindibles e os proxectos necesitan renovacións”.

“Pensarei se me presento ou non. Non o teño decidido” manifestou esta mañá o alcalde de Vimianzo en declaracións ao programa “Voces de Bergantiños” de RadioVoz.Manuel Antelo asegurou que “a política municipal desgasta moito” e que “é moito o esforzo e as veces as compensacións en canto á execución do programa tardan moito en verse”.

Tamén falou de “exceso de traballo” e da situación de moitos concellos “que estamos en mínimos en canto a persoal”. Ante lo puxo en valor a súa contribución “a un cambio político” en Vimianzo que xa non ten “marcha atrás”.

“Non teño problema en apoiar á persoa que queira poñerse diante deste proceso“.

Afirmou que está disposto a colaborar nun cambio de liderado na opción política que agora mesmo representa Adiante Vimianzo:”Non teño problema en apoiar á persoa que queira poñerse diante deste proceso“.

De tódolos xeitos, Antelo quere pensar o seu futuro e tomar unha decisión:“Non estou disposto a impulsar un goberno continuísta, estou disposto a impulsar un goberno de continuidade” dixo.

Nesta entrevista coa xornalista Verónica Couto, Antelo Pazos recoñeceu que “a política cansa” e que el cree nunha “perspectiva de ciclos”.Para Manuel Antelo “as persoas non somos imprescindibles e os proxectos necesitan renovacións”.

Nesta xornada, tamén falaron os distintos voceiros da oposición. A edila socialista, Paula Mouzo, augurou que “esta basura de oposición vaille a sacar o goberno” ao actual mandatario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos