8.9 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

O BNG de Cee pide un plan urxente de bacheo

O portavoz municipal do BNG, Serxio Domínguez Louro, presentou un escrito no rexistro municipal no que solicita ao goberno a elaboración dun plan urxente de bacheo como solucións provisionais, aínda que indican que moitas das vías necesitan actuacións completas.

Na relación presentada polo BNG ao goberno local de Cee figuran as seguintes comunicacións: Vía de entrada a Cee desde Corcubión, ao lado da piscina, dirección porto de Brens e ao redor do hospital, vía de entrada e subida a Armada,vías interiores da parroquia de Brens, vía de conexión Toba-Praia de Estorde e a derivación de entrada a Estorde, rúa de entrada a Ruibo pola parte contraria ao heliporto, vía de conexión Codesos – Vilanova, rúa subida a Raíces e instituto e rúa Agra de Escabanas. 

Limpeza de estradas

Os nacionalistas sinalan que ademais dos bacheos algunhas das vía necesitan tamén o pintado de pasos de peóns e sinais viais. Inciden na necesidade da limpeza de cunetas e poñen como exemplo de zonas “onde a herba invade as vías e beirarrúas” a baixada desde Bazarra cara Cee.

“As vías que mencionamos son as que nos visitamos e comprobamos, mais iso non exclúe a ningunha outra que non se nos avisase ou que nos non desemos detectado, de aí a necesidade dun plan completo de comprobación e actuación” engaden desde o BNG.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos