5261 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Paiosaco acolle a Feira das Cereixas

Paiosaco acolle a Feira das Cereixas

Costa da Morte | Publicada: 25/06/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 10 segundos.

O sábado 30 de xuño haberá sesión vermú, torneo de billarda, encontro folclórico e verbena nocturna.O domingo 1 de xullo, ademais da tradicional feira, haberá un espectáculo musical infantil e actuacións de Tanxugueiras e Radio Cos.

A festa gastronómica de maior relevancia e tradición do Concello da Laracha, a Feira das Cereixas de Paiosaco, terá lugar o sábado e o domingo da próxima semana (30 de xuño e 1 de xullo). Baixo a organización do Concello e da Comisión de Festas de Paiosaco realizarase durante ambas xornadas un completo programa con propostas lúdicas e recreativas dirixidas a todos os públicos e coas que se celebrará esta festa declarada de interese turístico de Galicia. 

O cartel foi presentado nun acto desenvolvido no centro sociocultural de Paiosaco e no que participaron o alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Festas, Patricia Bello, e representantes da Comisión de Festas de Paiosaco.

Así, o sábado 30 pola tarde (19:30 h) haberá un encontro folclórico no que participarán as asociacións culturais Queiroga de Paiosaco e Santa María de Torás e o Rancho Folclórico de Azagães de Oliveira de Azaméis procedente de Portugal. Tamén se celebrará a terceira edición do Torneo de Billarda (17:00 h) que organiza a Asociación de Veciños Campo da Feira e haberá sesión vermú e verbena nocturna co grupo América SL.

Xa o domingo, durante a habitual xornada de feira haberá un posto informativo do Concello da Laracha no que se ofrecerá material turístico e unha food truck que distribuirá diversas elaboracións feitas con cereixas como ingrediente principal. A partir do mediodía contarase coa charanga Santa Compaña e a sesión vermú será desde as 14:00 horas. Ás 19:30 horas está programado o espectáculo musical infantil A Casa do Terror, a cargo de Xoán Curiel e a banda Son+d2, un evento que se realizará coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Pola noite, a partir das 22:00 horas, pecharase a Feira das Cereixas coas actuacións de Tanxugueiras e de Radio Cos no propio recinto feiral de Paiosaco. Unha sesión de fogos artificiais porá o colofón ás dúas xornadas de celebracións.Ao tratarse dunha Festa de Interese Turístico de Galicia, colaboran coa organización a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e Abanca.

Fonte- Concello da Laracha

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El PP asegura que el exalcalde Pichurri sigue usando las dependencias municipales después de su dimisión

El PP asegura que el exalcalde Pichurri sigue usando las dependencias municipales después de su dimisión

Manifiestan que Alonso “tuvo que marchar por un caso de corrupción”. El Partido Popular ha expresado su so…

Ler máis
Los Milagros de Santa Catalina hace 95 años

Los Milagros de Santa Catalina hace 95 años

Xosé Manuel Lema- La romería en honor  a la Virgen de los Milagros de Santa Catalina.   Las fiestas de Los…

Ler máis
El PP pone en valor el trabajo de los gobiernos de A Laracha, Malpica y Cabana

El PP pone en valor el trabajo de los gobiernos de A Laracha, Malpica y Cabana

Reunión de Diego Calvo en Malpica con los dirigentes de la comarca.   En su ronda por las comarcas antes de la c…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Autos Xallas
RiXallas Santa Comba 2018
Gadis Super Saludables
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

La Ley del Suicidio

José Manuel Palacín Y Rodríguez

Nos anuncia el Sr. Presidente, Pedro Sánchez, una serie de medidas destinadas a aliviar las cifras de suicidio que se van disparando. España sob…

José Manuel Palacín Y Rodríguez
Ler máis

Poesía pura e limpa coma auga de manantial

Óscar de Souto

A crise artificial que sufrimos trouxo mais pobreza e mais traxedia pero no eido da poesía galega causou algún efecto positivo. Detalle importante d…

Óscar de Souto
Ler máis

Segue a estrada de tijolos amarelos

Daniel Lago

Acho que a Dorothy bem pode ser a nossa Inês Arrimadas, essa mulher de bom coração e um bocado beata, que transita desde a sua imaginação pelos m…

Daniel Lago
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información