10.6 C
Santa Comba
lunes, abril 8, 2024

Juan Blanco defende o servizo que se presta aos veciños e reta ao portavoz do PSOE a un “cara a cara” despois do vindeiro pleno

O alcalde de Mazaricos explica que se presta un servizo cando é necesario e informa que o o persoal municipal é «máis que válido» pero está saturado de traballo.

Sobre as críticas do portavoz dos socialistas, O alcalde Juan Blanco foi rotundo:“Non se pode facer unha redución de algo que non se aplica”, explicando que “farase a redución» para este próximo exercicio.

Traballadores municipais “máis que válidos”

“A día de hoxe as cuadras non están pagando, e agora cando lle están chegando as notificacións é cando facemos a bonificación” manifestou Blanco Riveiro.

O rexedor tamén quixo referirse ao persoal municipal:“Son xente máis que válida e todos de máxima confianza, pero están desbordados”, e insistiu en que non se pode pretender que o técnico faga centos de alegacións.“Demostra que Javier non coñece como funciona o concello e a cantidade de traballo que ten esta xente” engadiu o alcalde de Mazaricos.

Ademais deixou claro que “seremos dos poucos concellos, que damos este servizo aos veciños, senón están conformes con que se preste este servizo que o digan”.

O alcalde, disposto a responder ás preguntas do PSOE

O alcalde asegurou que o portavoz do PSOE ten a posibilidade de plantexar preguntas despois dos plenos e que está disposto a darlle as explicacións oportunas:“Despois do plenos deixo que a xente participe e estou agardando que veña este señor un día e teña un cara a cara comigo, porque teño pouco tempo para andar contestando notas de prensa”.

Juan Blanco recalcou que “eu dou voz aos veciños despois do pleno, pero parece que iso non lle gusta moito”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos