Balance positivo desde a organización, que “continuará traballando con máis forza” polo recoñecemento deste camiño.
Preto de 150 persoas participaron na cuarta e última etapa do percorrido entre Santiago de Compostela e Muxía por Brandomil, mantendo esa cifra media de asistentes.
Nesta última cita os caminantes saíron de Berdoias con rumbo á capela da Virxe da Barca de Muxía, onde recibiron as “muxianas”, credencial acreditativa deste traxecto. Nesta localidade, os caminantes foron recibidos polo alcalde Félix Porto.
Desde a organización non ocultaron a súa satisfacción polo éxito da iniciativa e confirmaron que “vaise seguir traballando con máis forza que nunca para continuar co recoñecemento deste camiño, con demostrado peso histórico”.
Apoio de concellos e entidades
Esta andaina contou co apoio dos concellos de Santa Comba, A Baña, Mazaricos, Zas e Vimianzo e das asociacións Lumieira (A Baña), San Luís da Pereira e Trotasendas (Santa Comba), Asociación Cultural Antes (Mazaricos), Grandimirum (Zas) e Baíñas no Camiño e Asociación Parroquial Berdoias (Vimianzo).
Despois do éxito desta andaina por terceiro ano consecutivo, desde a organización indican que van a «seguir traballando con máis forza que nunca para continuar co recoñecemento deste camiño, con demostrado peso histórico».Nestas datas, e en relación coa ruta xacobea, a asociación Grandimirum asinou un irmandamento coa Hermandad del Camino de Santiago, de Chile.


