18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Unha Festa da Carballeira máis folk ca nunca

Carballeira de Zas. Sábado e domingo, 4 e 5 de agosto de 2018.

En palabras do director de festival, Fidel Otero,  a 35 edición da Carballeira de Zas chega máis folk ca nunca. Este xoves tivo lugar a presentación do cartel na cidade da Coruña, nun acto que contou coa presenza da Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Director do Festival, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia Víctor Mantiñán.

Nesta edición o popular festival conta no cartel co grupo xaponés Harmonica Creams, que actuará o sábado 4 de agosto xunto con Xabier Díaz, Adufeiras de salitre, os escoceses Mánran e Astarot.O venres compartirán escenario Pelepau, Niamh Ni Charra, SES e The Fatty Farmers. A Carballeira contará con un espazo lúdico infantil, feira de artesanía, e distintas actuacións ao longo do día.

Entradas

As entradas para o festival xa se adquirir poden na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10€, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a costar 12€. A venda en taquilla será de 15€, bono de dous días. Como en pasadas edicións os asistentes poderán contar con zona de acampada gratuíta (situada a poucos metros do recinto musical), baños y duchas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos