6 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

Abraham Gerpe:”Teño ilusión e vexo que pouco a pouco van saíndo as cousas”

Adiante Galicia fala co alcalde de Coristanto, Abraham Gerpe Múñiz.

Abraham Gerpe, alcalde de Coristanco:

Despois dun tempo de baixa, Abraham Gerpe xa leva uns meses exercendo como alcalde de Coristanco. Na casa do concello recibiunos, nunha mañá chuviosa no Verxel de Bergantiños. Encontramos un oco na súa axenda de atención veciñal, para falar sobre a súa xestión. Isto é un resumo da nosa conversa.

 
P- Alcalde, que valoración fas do que levas de mandato?

R-A valoración que fago é positiva.O goberno cada vez está máis asentado. A situación é moi difícil porque existe unha descoordinación moi importante entre os funcionarios. Agardamos que en seis meses poidamos sacar a maioría das obras que temos pendentes. Algunhas danse por perdidas, porque non se fixo nada e levan pendentes desde 2014.Hai que recoñecer que o persoal cada vez está funcionando mellor aínda que temos moitos traballadores de baixa, e isto dificulta o goberno.

Está todo moi parado porque, por desgraza, temos a secretaria de baixa, que é unha peza fundamental. Pero puidemos xestionar a incorporación dun novo secretario.Teño e ilusión e vexo que pouco a pouco van saíndo as cousas.

 
P-Que obxectivos temos para o que falta de mandato?

R-Esta lexislatura imos acometer unha reforma integral da rede viaria. Empezamos cos nosos operarios municipais con traballos de aglomerado asfáltico en quente. Estamos bacheando os puntos que peor se encontran pero temos que mellorar toda a rede viaria. Imos redactar un proxecto de mellora de todas as estradas municipais e tentaremos licitala e contratala nesta lexislatura.

Estamos coa limpeza de beiraruas con pala co noso tractor, suxeitando contenedores, facendo pequenos arranxos, etc. E estamos dando unha solución ás licencias. En dous ou tres meses daranse todas as pendentes. E tamén será bo para arcas municipais e para deixar de paralizar ao concello.

Temos demasiadas roturas na rede de abastecemento de auga que está moi danada. Estamos planeando facer unha reforma integral. Tentaremos facer proxectos para abordar este problema na próxima lexislatura.
 
 
O que non se fixo en 27 anos non se vai a facer en catro meses, pero hai que ter iniciativas e buscar solucións realistas. Por exemplo, tamén foi positivo que se baixaran os impostos grazas ao voto do PP e ao meu apoio. Isto provocou un aumento na recadación.

 
P- E máis ideas de futuro…

R-Ideas non faltan pero hai que ser realistas. Se podemos ter unha administración rápida e mellorar a infraestrutura viaria, podemos despois ir a pola mellora do abastecemento e do saneamento.

Despois teríamos que afrontar a necesidade de solo industrial, porque Coristanco está nun lugar estratéxico. Temos que fomentar que a xente veña para aquí, non que vaia para Carballo. Mellorar os espazos naturais, construír sendas, etc…

 
P- Para un concello é prioritario contar cun orzamento.

R- É algo básico. Os orzamentos son fundamentais. Agardo que se aproben neste mes. E así seremos capaces de traballar sobre macizo, porque os orzamentos permiten contratar servizos.

 
P- Optará Abraham Gerpe á reelección?

R-Rotundamente si. Se son capaz de cumprir o que dixen presentareime. Eu teño un ano de lexislatura. Amancio Lavandeira gobernou tres anos e non fixo nada. Hai que poñer obxectivos realistas. Se son capaz de coller parte das subvencións, e que o proceso administrativo mellore co apoio dos funcionarios, xa é un éxito.

 
P- Polo que dis, parece que o anterior alcalde lle deixou o listón baixo.

R-Non quero falar do exalcalde Amancio porque é como darlle algo de prestixio, cando realmente en catro plenos non teño unha crítica construtiva. As veces non se xestiona mellor pola falta de recursos. A maioría das críticas do BNG son que está todo mal pero tamén hai algunha crítica construtiva.De Terra Galega non. Pero a xente de Coristanco sabe quen suma e quen non.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos