A organización asina un convenio coa entidade Abanca e ultima os detalles deste evento.
Aínda que se celebrará entre o 22 e o 24 de xuño desde o club Náutico de Camariñas, que preside Martín Castiñeira “Mantido”, xa están informando das novidades da segunda edición de FENAUCAM, que supón un importante salto de cantidade e calidade con respecto á edición anterior.
Haberá máis espazo, máis expositores e máis actividades. Na explanada do peirao novo de Camariñas habilitarase unha carpa de 1.200 metros cadrados para o evento.
FENAUCAM contará cunha exposición de empresas e entidades, unha exposición de maquetas navais, un espazo para a Armada Española ou para Costa da Morte Asociación Turística(CMAT).Tamén haberá unha sala de conferencias e exposicións, que contarán coa participación de empresarios, escritores, profesionais. Confirmaron a súa presenza varios asteleiros que presentaran as súas novidades en Camariñas.
No faltarán as presentacións literarias e a emisión de documentais sobre o Titanic (tamén haberá exposición) e o Serpent. A feira conta co apoio económico da Deputación da Coruña, de Consellería do Mar e de Abanca.Desde a organización tamén se solicitou o apoio de concello de Camariñas e ofrecéuselle un stand “co fin de que poida promocionar a nosa vila dende as distintas vertientes que a fan coñecida no mundo enteiro”.
O prazo de reserva de expositores remata este 9 de xuño. Para contactar coa organización Club Náutico Camariñas-o Peirao Novo, S/No 15123 Camariñas- (A Coruña) Móvil: 618950557 www.cncamarinas-.com cncamarinas@cncamarinas.com.
O presidente da entidade, Martín Castiñeira, asinaba estes días un convenio de colaboración coa entidade Abanca, que patrocina o evento(Na foto)